Mostra de jazz galego que se realiza no Concello de Ames. A primeira edición realizouse no 2018, contando coas propostas de Pablo Castaño e Sumrrá, presentándo ámbalas dúas os seus últimos discos. O mal tempo fixo trastadar os concertos ao Auditorio de Bertamiráns, pero a segunda edición realizada no 2019 xa puido ser realizada no espazo orixinal para o que fora pensada esta proposta: o Pazo da Peregrina. Na segunda edición contamos co dúo formado por Mónica de Nut e Virxilio da Silva e Xacobe Martínez Antelo Trío, que trouxeron as presentacións dos seus últimos traballos discográficos ata Ames. Na terceira edición incorporase un novo elemento, coa fantástica banda de Os Bregadiers que levaron a súa música polas rúas de Bertamiráns, para rematar no Pazo da Peregrina onde finalizamos a noite co gran proxecto de Manuel Gutiérrez Trío.