Ciclo de concertos para levar a música ao vivo a aqueles colectivos que polas súas situacións socio-sanitarias peculiares, teñen limitado ou canto menos complicado o acceso natural a ela. Non son concertos didácticos ou adaptados. Simplemente buscamos que as persoas asistentes desfruten dun concerto "ao uso".
Levamos música a xeriátricos, centros hospitalarios, residencias e centros de día, asociacións.... adaptándonos en tódolos casos ás súas necesidades e ritmos. Con "Concertos Necesarios" buscámos básicamente levar un pouco da vida cotiá a estes espazos que polo habitual no seu día a día están marcados por certas rutinas sempre no mesmo espazo. Buscamos aportarlles uns momentos diferentes, romper con esas rutinas do día a día, e sobre todo, poñer en valor o enorme traballo que levan a cabo os diferentes centros. Por riba de todo en "Concertos Necesarios" están os centros e as persoas usuarias deles.
Idea e dirección artística do contrabaixista Xacobe Martínez Antelo. Levamos realizadas 2 edicións:
CONCERTOS NECESARIOS 2018: Video resumo da primeira edición de "Concertos Necesarios"