Dende Bucarest chega unha das propostas máis orixinais da Europa do Este. Comezan a facer música baseándose nas regras e estratexias do xadrez. Así de primeiras pode parecer complexo, pero o resultado final son sempre unhas melodías moi bailables e pegadizas, con certas alusións clásicas e con moitos sabores orientais (non esquecer que o xadrez é un xogo oriental), pero sempre con este poderoso sonido e ritmo que nos farán bailar e saltar. Nos últimos anos veñen de presentar a súa enerxética e orixinal proposta en escenarios de toda Europa, como Londres, Berlín, Milán, París, Viena, Florencia, Hamburgo, Basilea, Lyon, Oslo, Bruselas, Dusseldorf, Praga, Tallin, Varsovia, Budapest, Belgrado.... e un longo etc.